FONDOS PÚBLICOS SEMINARIOS DE DIFUSIÓN TECNOLÓXICA PARA AS EMPRESAS DO SECTOR DO MEDIO AMBIENTE 2011

A Asociación Profesional de Empresas Medioambientales - APROEMA ven de executar un proveitoso proxecto de fomento do uso das novas tecnoloxías no eido do medio ambiente e as empresas medioambientais, difundindo unha utilización axeitada, eficaz e produtiva das TIC, nun sector cun peso e importancia crecentes no tecido socio económico galego ao longo do tempo.

Data da resolución da concesión: 2 de setembro de 2011

Data de publicación no DOGA: 26 de outubro de 2011

Norma reguladora: Resolución do 24 de marzo de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se estableceron as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eprocedendoá súa convocatoria para 2011 (procedemento administrativo PR521A).

Expediente: PR521A-2011-16482

Órgano concedente: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Crédito orzamentario: 1.000.000 €.

Contía da Subvención concedida: 15.130,00 €

Obxecto da subvención: a realización de oito seminarios encol da aplicación profesional das novas tecnoloxías no eido das empresas medioambientais.

Proxecto cofinanciado polos fondos europeos Feder, así como pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

 



 

Se desexa ollar a memoria deste proxecto, prema no seguinte enlace:  Memoria de ejecución - SEMINARIOS DE DIFUSIÓN TECNOLÓXICA PARA AS EMPRESAS DO SECTOR DO MEDIO AMBIENTE 2011 - PR521A.

 

 

Licencia Creative Commons
Memoria de Execución APROEMA - PR521A-2011-16482 por Asociación Profesional de Empresas Medioambientales de Galicia - APROEMA se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported.