FINANCIACIÓN DO PROXECTO “NOVAS TECNOLOXÍAS APLICADAS AO MEDIO AMBIENTE” PR521A – APROEMA 2010

A Asociación Profesional de Empresas Medioambientales - APROEMA ven de executar un proveitoso proxecto de fomento do uso das novas tecnoloxías no eido do medio ambiente e as empresas medioambientais, difundindo unha utilización axeitada, eficaz e produtiva das TIC, nun sector cun peso e importancia crecentes no tecido socio económico galego ao longo do tempo.

Data da concesión: 11/11/2010

Data de publicación da concesión no DOGA: 19/11/2010

Norma reguladora: Resolución do 15/06/2010 de convocatoria para o 2010 do Procedemento Administrativo PR521A

Expediente: PR521A - 2010 - 14742

Subvención concedida: 19.550 €

Obxecto da subvención: a realización de dez seminarios encol da aplicación profesional das novas tecnoloxías no eido das empresas medioambientais.

Este é un proxecto cofinanciado pola Presidencia da Xunta de Galicia a través da  Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, o Plan Avanza, e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.




 

 

Se desexa ollar a memoria deste proxecto, prema no seguinte enlace:  Memoria de ejecución - Novas Tecnoloxías aplicadas ao Medio Ambiente - PR521A.



Licencia Creative Commons
Memoria de ejecución - Novas Tecnoloxías aplicadas ao Medio Ambiente - PR521A por APROEMA se encuentra bajo una Licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-SinObraDerivada 3.0 Unported