Seminario-taller
Innovación procesos e xestión para fortalecer as empresas do sector medioambiental de Galicia
|
A EMPRESA TRANSFORMADA EN EQUIPO DE INNOVACIÓN ¿A VERDADEIRA SOLUCIÓN? Timón firme para tempos turbulentos Seminario impartido por Daniel Alvarez Lamas e o seu equipo QCoach
A situación económica actual precisa de moverse rápido, e o mais difícil é facelo na dirección adecuada. O mais preocupante deste momento é que quedarse parado ou equivocarse na dirección conleva por igual un grave risco. As empresas que están tomando unha posición ventaxosa son aquelas que se adaptan ó que o mercado, a producción, as finanzas e as persoas están reclamando. Esta adaptación faise dun xeito espontaneo e sorprendentemente acertado cando son as propias persoas da organización as que promoven e implementan coordinadamente as innovacións necesarias. A continuidade desta sistemática e os exitos que consegue, permite que se cree unha verdadeira cultura innovadora. ¿A túa organización ou equipo acolle con entusiasmo as innovacións ou só as acepta disciplinadamente? ¿Plantéxaste que eles sexan unha fonte continua de innovación? O modelo de "organización que aprende" reparte a toma de decisión ó longo da empresa, e por tanto potencia a innovación ó fomentala no propio lugar onde é necesaria. Este modelo é un camiño e non un fin, que pode poñer en marcha calqueira empresa. En particular, hai dous procesos chave: - Visión sistêmica do funcionamento da organización, atendendo ó coñecemento e relacións capital intelectual e relacional. - Optimización dos mecanismos de comunicación bidireccionais e transversais, para fomentar o intercambio de coñecemento e a cooperación. A "organización que aprende" é, por outro lado, unha aposta decidida que precisa dunha xestión diferente do coñecemento e das persoas. |
OBXECTIVO XERAL: Propiciar a adquisición de capacidades en materia de fomento da innovación nas persoas que compoñen a empresa dun xeito organizado, para unha adaptación á situación actual.
DIRIXIDO A: profesionais, directivos e empresarios preferiblemente do sector ambiental.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Estructurar un proceso de xestión da innovación na empresa que inclúa os aspectos de xestión de persoas dende os máis avanzados estilos de dirección.
- Coñecer cómo crear unha cultura innovadora dentro da empresa.
- Estudar a estratexa da empresa tendo en conta o capital intelectual e relacional: as persoas.
- Formar ós directivos sobre diferentes metodoloxías e ferramientas que lles permiten adoptar pensamentos innovadores.
METODOLOXÍA: seminario-taller con diferentes exercicios nos que se porán en práctica as ferramentas propostas polos docentes. Os exercicios promoven a aprendizaxe a partires da propia experiencia e a do resto dos participantes. A clase se orienta a que o participante se comprometa condigo mesmo nunha tarea de innovación para probar no seu térreo o aprendido na sesión.
PROGRAMA
| | | Creatividade de equipo e organizacións que aprenden |
| 16:00 | 16:55 | A innovación na práctica empresarial ¿Cales son os obstáculos a unha boa idea?. Caso práctico. |
| 16:55 | 17:15 | Consultoría vs Organización que aprende ¿qué utilizar e cómo? |
| | | Creatividade Individual e cultura de innovación |
| 17:15 | 17:45 | Características e procesos chave dunha organización orientada á innovación |
17.45
| 19.05
| Caso práctico: cómo crear e optimizar o novo modelo de organización innovadora.Cómo dirixir cara ós procesos chave. As persoas como fonte do capital intelectual e relacional da empresa. |
| | | Vixilancia Tecnolóxica na PEME |
| 19:05 | 19:30 | Experiencias de innovación e casos concretos de aplicación do modelo explicado. Participación dos asistentes. |
| 19:30 | 20:00 | Iniciativas e Programas do Igape |
Día: Luns, 20 de setembro de 2010
Lugar: Confederación de Empresarios de Pontevedra (Vigo)
Hora: 16:00 - 20:00 horas
Gratuito- Plazo de inscripción hasta completar aforo